domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasMos continúa ampliando a súa rede cara ao saneamento integral

Mos continúa ampliando a súa rede cara ao saneamento integral

Acomete un tramo da Estrada Nacional 550 ao seu paso por Louredo co apoio de Augas de Galicia

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil de Servizos Públicos, e da parroquia de Louredo, Baldomero Lorenzo, supervisaron as obras de acometida da rede de saneamento no entorno da Estrada N-550 ao seu paso por Louredo.


Os devanditos traballos contan para a súa execución co apoio e colaboración da Xunta de Galicia mediante un convenio asinado polas administracións autonómica e local mosense. O custo total das actuacións subvencionadas a través deste convenio ascende a 22.648,32 €. Augas de Galicia financia o 80% do importe total final da actuación ata un máximo de 18.118,66 € con cargo a anualidade 2024, e o Concello de Mos asume o 20% restante do importe.


O obxectivo das obras que se están a acometer é permitir que dito servizo de saneamento dea servizo á máxima extensión do concello. As obras consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións….


As obras obxecto do presente proxecto consisten na execución da rede de saneamento na parroquia de Louredo, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que todavia carecen deste servizo. Levarase a cabo a execución de 187,00 ml de saneamento. Para a execución da instalación do alcantarillado son necesarios traballos de demolicións e actuacións previas.


Proxéctase o corte e demolición de pavimento en todos os ramais, onde está previsto repor o firme na zona de apertura de zanxa. Procederase á excavación da zaxa e posterior recheo e compactación da mesma.


Para a conexión da rede de saneamento instalarase un colector de PVC de Ø315 para dotar de saneamento as vivendas situadas nos marxes das zonas obxecto de estudo e que actualmente carecen del.


Unha vez conectado o saneamento procederase á reposición da zanxa con pavimentación ¡ de 20 cm de zahorra e 5 cm de mezcla bituminosa en quente tipo D-12. O prazo de execución que se estima para a execución das obras é de seis semanas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS