A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, visitaron hoxe ao alumnado do campamento de verán que durante esta quincena xogarán e aprenderán nas instalacións do CEIP Virxe dos Remedios do centro urbano.
No campamento de verán Tea Urbano participan máis de trescentas cativas e cativos repartidos en quincenas ao longo dos meses de xullo e agosto. De nove da mañá a dúas da tarde son atendidos por monitoras coas que desfrutan dun tempo de lecer con actividades lúdico didácticas.
O Concello de Ponteareas destina unha partida de 30.180€ ao desenvolvemento deste proxecto que procura unha mellor conciliación familiar e laboral.