lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño e Nigrán, sen positivos nunha semana

O Porriño e Nigrán, sen positivos nunha semana

Baixa a incidencia tamén en Redondela e son 14 contaxios menos na cidade de Vigo.

Segundo a última actualización de Sanidade, non hai casos positivos en COVID-19 nunha semana nos municipios de Nigrán e O Porriño e a incidencia baixa en Redondela. Vigo conta con 58 casos diagonosticados en 7 días, 14 menos que onte.

Nigrán e O Porriño súmase aos municipios do Rosal, Arbo e Mondariz nos que a COVID-19 non ten presenza nunha semana. Con todo, si manteñen casos coa perspectiva de 14 días polo que aínda non é posible incluílos na listaxe das localidades libres do virus como si o están A Cañiza, Covelo, A Guarda, Oia, As Neves, Crecente e Fornelos de Montes.

Pola súa banda, Ponteareas continúa na incidencia máis baixa con menos de 10 positivos por 100.000 habitantes nunha semana.

Con menos de 25 casos por 100.000 en 7 días continúan os municipios de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Mos, Vigo, Baiona e, dende esta última actualización, Redondela. Só a cidade olívica supera o abano dos 1-9 contaxios en 7 días con 58, isto é, 14 menos que onte.

Tomiño, Soutomaior, Gondomar e Pazos de Borbén manteñen os datos epidemiolóxicos con respecto a onte ao rexistrar entre 25 e 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana sen superar ningún deles o abano dos 1-9 casos.

Falece unha muller de 64 anos con COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo

O SERGAS notifica o falecemento dunha muller de 64 anos que fora diagonosticada con COVID-19. A muller, que presentaba patoloxías previas, faleceu o día 10 de xuño no CHUVI.

En canto aos casos activos, son 34 menos que onte ata os 352 e, pola contra, aumenta a presión hospitalaria en dous pacientes máis ingresados en camas convencioanais ata os 8 e mantense en tres as persoas que precisan de UCI.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS