viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadePonteareas acolle o Test Day do Rally Recalvi Rías Baixas

Ponteareas acolle o Test Day do Rally Recalvi Rías Baixas

O aparcamento público de Sarmiento Rivera será o punto de saída onde estarán agrupados os catorce equipos participantes no test day. O tramo test terá lugar no Monte da Picaraña de 9:00h a 13:00h e de 15:00h a 19:00h.

O Concelleiro de Deportes do Concello de Ponteareas, Luis Rodríguez, explica que ao longo de todo o día catorce equipos do supercampionato de España sairán rumbo á Picaraña para probar os seus vehículos ofrecendo un espectáculo e desfile do deporte do motor. “Recuperamos así un tramo histórico do Rías Baixas que aínda que non estará dentro da competición si volverá a formar parte dunha das probas máis importantes da axenda do motor en España”.

Setenta e catro equipos nos que se atopan dez equipos locais inscritos no apartado autonómico salientando nomes de xente da casa como Jorge Pérez, co seu Porsche 911 GT3; Pablo Pazó, co seu Talbot Sunbeam da categoría de históricos; ou José Calvar, co seu Seat Marbella.

O test day consistirá nun tramo de probas, distinto ao shakedown do venres 5, para realizar os últimos axustes antes do rally. O tramo test terá lugar no Monte da Picaraña, na localidade de Ponteareas, de 9:00h a 13:00h e de 15:00h a 19:00h horas.

Este ano o goberno de Ponteareas destinou por vez primeira unha partida de 12.000€ ao apoio do deporte do motor e os coches locais lucirán o logotipo do Concello así como os cascos de pilotos e copilotos ponteareáns que compiten en equipos de fóra.

A alcaldesa Nava Castro e o concelleiro de Deportes convidan a cidadanía a visitar o parque móbil ubicado en Sarmiento Rivera e a desfrutar do paso dos participantes rumbo á Picaraña.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS