O Festival Espírito Ribeiro chega á súa cuarta edición combinando música, gastronomía e viticultura aderezada por unha selección de expositores de Artesanía de Galicia nos tres concellos ourensáns. Nesta ocasión, o artista Pancho Varona será o embaixador deste evento e encargarase de poñer as notas musicais a unha cita da que se agarda un gran éxito de participación.
A celebración concéntrase cada día nun concello, o venres 28 en Arnoia, o sábado 29 en Castrelo de Miño e o domingo 30 en Cenlle. Dende as tres localidades ourensás convidan a desfrutar de música, sabores exquisitos e produtos locais acudindo a este festival, «un xeito de honrar á Denominación de Orixe máis antiga de Galicia».