Os actos, organizados dende a Área de Cultura do Concello de Allariz, comezarán o xoves 11 de xullo e prolongaranse ata o domingo 14 de xullo. Preto de 15 actividades conforman a programación de festexos na honra de San Bieito, patrón de Allariz neste 2024.
Actividades como teatro, música de rúa, agrupacións corais, orquestras como Trébol e o Grupo Arizona, desfile de xigantes e cabezudos, actuación da Agrupación de Música Tradicional Candaria, da Banda Unión Musical de Allariz o do grupo De Pé Feito, centrarán parte dos actos programados para esta edición . Unha programación para todos os públicos que encherá un ano máis as rúas de Allariz.
A festa rematará, como xa é tradición, co espectáculo de pirotecnia, á medianoite, dende o Campo de Vilanova
Unha quincena de actos en catro xornadas festivas na honra ao patrón de Allariz
A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid e o concelleiro de Cultura, Alberto Conde presentaron as actividades programadas para as Festas de San Bieito 2024