O alumnado xa se atopa de novo no colexio «sen ningunha novidade nin incidente», segundo o centro.
Sobre as 11:15 horas no 112 Galicia tiveron constancia do desaloxo do alumnado e do profesorado do CPI da Cañiza ao ulir a gas debido a unha queima controlada.
Ata o colexio da Cañiza trasladáronse os efectivos da Garda Civil, Bombeiros de Ponteareas e o GES de Ribadavia. Dende o 112 Galicia, informa de que tratábase dunha queima controlada do gas duns depósitos na rúa Progreso de A Cañiza.
Ao ulir a gas, os responsables do centro decidiron desaloxar ao alumnado e profesorado do colexio mais cando chegaron os efectivos da Garda Civil confirmaron que a queima era controlada, con autorización, e que non había perigro.
Dende o centro, sinalan que desaloxaron ao alumnado da ESO cara o patio de Primaria e explican que non foran avisados destos «traballados rutinarios» polo que «levámonos un pequeno susto», aclaran. Amáis indican que xa se atopan de novo no colexio «sen ningunha novedade nin incidente».