Alfonso Rueda, destacou o “talento e esforzo” do alumnado universitario galego, asegurando que é “a Galicia do futuro”. Así se referiu no acto de entrega dos Premios Fin de Carreira correspondentes aos cursos 2021/2022 e 2022/2023, onde resaltou as “horas de estudo e as renuncias a moitas cousas” dos 209 estudantes galardoados polos seus expedientes sobresaíntes. “Parabéns por acadar este éxito enorme e por ter sido os mellores nun mundo competitivo”, asegurou, ao mesmo tempo que quixo tamén felicitar ás familias e ás tres universidades públicas galegas.
A excelencia e o talento dos universitarios galegos, claves para o futuro da comunidade
Así o sostivo i presidente da Xunta no acto de entrega dos Premios Fin de Carreira