O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, insistiron este xoves na necesidade dun maior compromiso do Goberno central co Plan director do Corredor Atlántico, tras manter unha xuntanza co secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible, José Antonio Santano, e co comisionado do Goberno central para o Corredor Atlántico, José Antonio Sebastián, na que non se achegaron datos das obras, prazos e investimentos previstos.
Diego Calvo:
O secretario de Estado comprometeuse a remitir o Plan director para poder facer unha valoración do que integra. Nesta liña, acordouse tamén a creación dun grupo de traballo técnico entre Xunta e Estado para avanzar nos proxectos previstos e analizar as necesidades detectadas.
Por outra banda, Diego Calvo esixiu tamén explicacións e solucións ás constantes incidencias rexistradas nos servizos ferroviarios galegos, tanto nos recentemente estreados trens Avril como nos de media distancia, onde non se recuperaron as frecuencias tras a pandemia e se rexistran continuos retrasos.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue entregou un documento con todas as demandas en materia de infraestruturas.