domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasUn motorista falece en Vigo tras colidir a moto que conducía contra...

Un motorista falece en Vigo tras colidir a moto que conducía contra un coche

O veciño de Vigo, de 49 anos, circulaba pola PO-552, ao seu paso pola parroquia de San Miguel de Oia.

A alerta sobre este sinistro activouse no 112 Galicia ao fío das 21.30 horas deste xoves a través da chamada de varios particulares informando do suceso. Segundo a información recollida polos xestores de emerxencias, o motorista precisaba asistencia sanitaria urxente tras chocar a moto que conducía contra un turismo.

Desde o 112 Galicia pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia medicalizada ata o punto, aínda que, desgraciadamente, nada se puido facer por salvar a vida do motorista.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS