Baiona prepara un amplo programa de actividades para este verán, con más de 150 propostas para todos os membros da familia. Así, a axenda de “Baiverán 2024”, que presentou o Concello hoxe, inclúe concertos e actuacións musicais, monólogos, contacontos, espectáculos familiares, ciclos de conferencias, charlas, veladas musicais e literarias, festas populares, festivais de música, exposicións, visitas guiadas e outras actividades populares realizadas polos distintos colectivos e asociacións de Baiona e do Val Miñor.
“O noso obxectivo principal é brindar tanto ao veciños, persoas visitantes e turistas a oportunidades de desfrutar dun verán excepcional nun lugar que se distingue pola súa excelencia turística nas Rías Baixas”, destaca o alcalde, Jesús Vázquez Almuiña.
Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón:
https://www.baiona.gal/wp-content/uploads/2024/06/Baiveran-2024.pdf