O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou o papel pioneiro de Galicia na posta en marcha de medidas para promover o retorno da colectividade no exterior, poñendo como exemplo a Estratexia Galicia Retorna, que, tal e como salientou, ten contribuído a que a cifra de poboación da comunidade medrase en 2022 e 2023 despois de anos de descenso, compensando así o saldo vexetativo negativo.
Na súa intervención, Rueda quixo agradecer o labor diario dos representantes da colectividade no exterior e subliñou a importancia de seguir traballando man a man para atender as necesidades dos galegos na diáspora.