viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsSucesosUn profesor dun taller é condenado a dous anos de cárcere por...

Un profesor dun taller é condenado a dous anos de cárcere por agredir sexualmente a un menor

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a dous anos de cárcere a un profesor dun taller por agredir sexualmente a un menor de oito anos durante unha das clases.

Ademais, inhabilitouno durante catro anos para exercer calquera profesión, oficio ou actividades, sexan ou non retribuídos, que conleve contacto regular e directo con menores de idade; e impúxolle a prohibición de comunicarse e de aproximarse a menos de 200 metros da vítima, do seu domicilio, colexio ou calquera lugar onde se atope, durante tres anos.

O tribunal considera acreditado que o procesado, en maio de 2023, cando se atopaba só co menor, lle fixo unha masaxe nos ombreiros e lle puxo un vídeo de debuxos animados “con alto contido sexual, no que aparecía o personaxe de Lisa Simpson de adulta espida, tocándolle o acusado con ánimo libidinoso ao menor por enriba da roupa na zona das ínguas”. O menor contou o sucedido aos seus pais, os cales denunciaron os feitos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS