Co lema “ALTRI NON”, escaladores de Greenpeace despregaron unha pancarta na balconada do museo da catedral de Santiago, fronte á sede da Presidencia da Xunta (Pazo de Raxoi), para pedir que se descarte o proxecto de construción da macrocelulosa que a multinacional Altri quere levar a cabo en Palas de Rei (Lugo).
As organizacións animan a participar o 30 de xuño nunha nova mobilización que busca reunir a milleiros de persoas para rodear a Xunta.