lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTomiño busca voluntarios para asistir a unha verbena piloto

Tomiño busca voluntarios para asistir a unha verbena piloto

Será o próximo sábado 19 de xuño e poderán participar mil persoas, previa inscripción.

O Concello de Tomiño vén de habilitar un formulario na súa páxina web para que poidan inscribirse as persoas interesadas en participar na verbena piloto prevista para o sábado 19 de xuño. Co fin de facilitar o proceso, desde a institución recalcan que este será o único método válido para rexistrarse, non sendo posible facelo por teléfono ou a través de correo electrónico. É completamente gratuíto dado que se trata dunha reserva, non dunha compra.

En total serán mil as persoas que poderán asistir ao evento, que se desenvolverá de 21:00 a 23:00 horas no campo de festas do Alivio da man da orquestra Ocaband. O recinto estará completamente perimetrado con vallas, podendo acceder ao mesmo soamente aquelas persoas debidamente rexistradas mediante o formulario. Desde o consistorio piden que aquelas que non o fixeran se absteñan de acudir ao lugar do evento para evitar posibles aglomeracións, xa que non poderán acceder.

Podes escoitar a conversa completa coa alcaldesa, Sandra González, para os informativos locais e comarcais:

Permitido bailar, pero non beber

No interior do recinto as persoas poderán estar de pé, aínda que estarán separadas en grupos de conviventes. Estará permitido bailar, mais só entre os integrantes dos grupos burbulla e respectando debidamente o espazo de separación de 1,5 metros cos restantes grupos. Nesta área estará prohibido comer, beber e fumar, non obstante no exterior do espazo vai estar habilitado un bar no que as persoas poderán consumir sentadas e cumprindo coas medidas de seguridade e prevención do Covid-19. Para garantir o seu debido cumprimento haberá vixilancia e presenza policial constante.

O formulario pode cubrirse na seguinte ligazón: https://tomino.gal/verbena-piloto-2021/

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS