viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoInvestigan a un veciño da Guarda por atropelar a un ciclista e...

Investigan a un veciño da Guarda por atropelar a un ciclista e fuxir en Oia

A Garda Civil de Tráfico investiga a un veciño da Guarda , de 33 anos de idade, por un presunto delito de abandono do lugar dun accidente, ao atropelar a un ciclista e logo fuxir da zona.

Os feitos ocorreron o pasado 2 de xuño na estrada PO-552, que une Vigo e A Guarda pola costa (e continúa paralela á beira do Miño até Tui), á altura do municipio de Santa María de Oia, cando un condutor que circulaba por esta vía atropelou a un ciclista de 64 anos de idade, que precedía ao vehículo e ía no mesmo sentido da marcha, en dirección á localidade da Guarda.

O accidente produciuse cando o investigado arroiou por detrás ao ciclista, facendo un simulacro de deterse para finalmente fuxir do lugar sen auxiliar á vítima, que quedou ferida na calzada. As lesións que sufriu requiriron atención médica e rehabilitación.

As pescudas da Garda Civil permitiron localizar o vehículo implicado no accidente, un Opel Zafira negro, e tamén identificar o condutor, a quen se lle notificou a súa situación de investigado por abandonar o lugar do accidente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS