O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu o traballo levado a cabo por todas as entidades sociais e ratificou o compromiso do Goberno galego coa atención á discapacidade, poñendo como exemplo a entrada en vigor este ano do concerto social. Rueda apuntou que esta iniciativa permite saber “que vai haber unha serie de prazas para atender a discapacidade garantidas pola Xunta de Galicia” e “que ese número vai seguir crecendo”.
O presidente do Goberno galego participou, xunto coa conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, nunha reunión con representantes do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), entidade dende a cal fixeron un balance positivo:
Galicia cumpre
Nos primeiros 100 días de goberno xa se impulsaron 166 novas prazas públicas de atención á discapacidade e esta mesma semana o Consello da Xunta deu o visto bo ao aumento na orde de axudas para crear máis unidades de atención temperá