O Concello de A Guarda ampliará a oferta visitas guiadas ao castro de Santa Trega este verán, con visitas de martes a domingo e catro quendas ao día, as 12, 13, 18 e 19 horas. Deste xeito, os visitantes, veciós e turistas terán a oportunidade de coñecer a cultura castrexa de A Guarda
O punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal para percorrer as diferentes áreas escavadas durante os últimos cen anos, incluíndo a zona norte coas vivendas reconstruídas e a muralla ata a zona de Mergelina, na ladeira ao río Miño.
Estas visitas guiadas non precisan reserva previa e son gratuítas, pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.
A novidade desta temporada é a visita nocturna de “Historias e petróglifos” que se realizará cada martes dos meses de xullo e agosto. O obxectivo da actividade é dar a coñecer as lendas e historias percorrendo a área norte do castro e incluirá a visita ao petróglifo Laxe Sagrada. O punto de encontro é o mesmo, o aparcadoiro da Casa Forestal, pero para esta visita nocturna si é preciso realizar inscrición previa, desde o xoves anterior. Tramitarase desde o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, no WhatsApp 690.017.038 para 4 persoas máximo por petición ou unidade familiar.