viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas comprométese coa diversidade cun programa de actividades o Día o Orgullo

Ponteareas comprométese coa diversidade cun programa de actividades o Día o Orgullo

O Concello de Ponteareas de Ponteareas  comprométese co impulso de políticas de diversidade encamiñadas á loita contra a LGBTIfobia e “fomentar así que todas as persoas poidan vivir unha vida sen medos, en liberdade e sen armarios”. Así o traslada a alcaldesa, Nava Castro, que dará lectura ao manifesto con motivo do Día Internacional contra la LGTBIfobia. A alcaldesa adianta o compromiso do seu goberno a promocionar accións encamiñadas a sensibilizar contra as múltiples discriminacións que sofren as persoas trans e polo recoñecemento de que as persoas non binarias e intersexuais tamén existen.

A Concelleira de Benestar Social, Raquel Plana, será a encargada de abrir o programa de actividades que se desenvolverán o 28 de xuño dende ás 10:30 horas ata as 24:00 horas nos Xardíns da Xiralda, detrás da Casa do Concello.

Obradoiros de manualidades, de xogos e de caracterización e maquillaxe; actuación de Humberto Longueira con “Rianxeira”, desfile, karaoke e proxección da película “A moza danesa” terán lugar ao longo de todo o día coa lectura do manifesto ás 18:30 horas.

A concelleira de Benestar Social quere agradecer o traballo do persoal do seu departamento e a colaboración de Humberto Longueira no deseño da programación que promove a visibilización e sensibilización a través de actividades compartidas e nas que poden participar todos os públicos. “Visibilizar e compartir e fundamental para normalizar. Todos somos responsables porque todos formamos parte da sociedade por iso o noso obxectivo era deseñar un programa entretido e coa capacidade de xerar conciencia e momentos grupais nos que interactuar porque unha sociedade máis xusta é cousa de todas e todos”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS