viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsSucesosO Xulgado conclúe a investigación do caso da Maruxaina e ordena que...

O Xulgado conclúe a investigación do caso da Maruxaina e ordena que a causa se siga contra un sospeitoso

Os feitos, segundo o auto, poderían ser constitutivos dun delito de produción, distribución e tenza de material pornográfico

A xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro concluíu a investigación sobre as gravacións de mulleres ouriñando durante a celebración da festa da Maruxaina celebrada en 2019 en San Cibrao (Cervo), as cales se incorporaron a páxinas web de contido erótico. Desta forma, ordenou que se continúe a tramitación polos trámites o procedemento abreviado fronte a un sospeitoso por se os feitos investigados fosen constitutivos dun delito de produción, distribución e tenza de material pornográfico, a cuxo efecto decretou que se proceda a dar traslado ao Ministerio Fiscal e, no seu caso, ás acusacións particulares, para que no prazo de dez días soliciten a apertura de xuízo oral, formulando escritos de acusación, ou o sobresemento da causa, ou, excepcionalmente, a práctica de dilixencias complementarias. O auto non é firme, pois cabe presentar recurso

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS