viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas activa as inspeccións técnicas das edificacións no centro urbano

Ponteareas activa as inspeccións técnicas das edificacións no centro urbano

Esta medida nace co obxectivo de previr e garantir a seguridade das e dos propietarios e do resto da cidadanía

O Concello de Ponteareas informa que realizará inspeccións técnicas dos edificios do centro urbano para garantir a seguridade da cidadanía e das e dos propietarios e evitar así posibles incidentes.

Polo ben de todas as veciñas e veciños, o goberno local decidiu iniciar as inspeccións técnicas visuais das edificacións que continuarán realizándose ao longo do ano. Esta iniciativa non só protexe aos e ás viandantes, tamén é un apoio para a propiedade e comunidades de veciños ao contribuír na detección de posibles danos e propor solucións para atallalos.

“Coa intención de previr, acompañar e guiar pomos en marcha estas medidas de control que evitarán incidentes e riscos sendo tamén unha guía para as persoas propietarias que, en moitas ocasións, descoñecen o estado real da edificación”, explica a alcaldesa, Nava Castro.

Esta medida axudará a planificar as obras de mantemento dos inmobles para que estean en condicións óptimas e incluso evitar futuras obras que revistan maior intervención e máis custo.

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e a concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, acompañaron aos técnicos municipais nunha das saídas de revisión nas que comprobarán de xeito visual os espazos comúns, fachadas, cubertas e o estado de conservación, entre outros aspectos. “Sempre coa intención de garantir a seguridade de quen vive ou traballa nel e das persoas que pasan pola contorna”, sinala Silvia Fernández.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS