viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoNovos vehículos todoterreo para os GES de A Guarda e Mos

Novos vehículos todoterreo para os GES de A Guarda e Mos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe nunha nova entrega de equipamento a Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). Trátase de dous furgóns de servizos varios (FSV) para os GES de Mos e da Guarda, que suman un investimento de 230.000 euros. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia. Ao acto de entrega tamén acudiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.  

Ambos os GES contarán con vehículos todoterreo 4×2, cun custe de 115.000 euros cada un deles, que serán de utilidade en primeiras saídas en intervencións, sobre todo en zonas de difícil acceso, e na extinción de pequenos incendios. Co obxectivo precisamente de atender este tipo de incidencias vai equipado con material de sinalización e emerxencias e cun kit de material de rescate en altura.  Os vehículos permitirán mellorar a eficacia das intervencións dos grupos nos concellos de Mos, Pazos de Borbén e Soutomaior, por unha banda, e nos da Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño, por outra.

Diego Calvo lembrou o importante esforzo realizado pola Xunta nos últimos anos para dotar os efectivos dos servizos de emerxencias dos concellos galegos dos recursos necesarios co obxectivo de que poidan levar a cabo as súas actuacións en condicións de seguridade, contribuíndo ademais a unha maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS