viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasA Xunta ampliará a residencia de maiores de Crecente

A Xunta ampliará a residencia de maiores de Crecente

A Xunta de Galicia investirá 500.000 euros nas obras de ampliación da residencia municipal de maiores San Pedro de Crecente para crear 18 novas prazas e pasar así das 38 actuais a 56.

Esta actuación desenvólvese no marco do Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia unha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais que dependen dos concellos. Un plan acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e dotado con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS