sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeRueda e Caballero cualificaron a súa xuntanza de construtiva e cordial

Rueda e Caballero cualificaron a súa xuntanza de construtiva e cordial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuníronse este martes na sede da delegación da Xunta en Vigo, acompañados da delegada da Xunta na cidade, Ana Ortiz, y a tenente de alcalde, Carmela Silva.

Ámbolos dous dirixentes coincidiron na boa predisposición e no fructífera que resultou esta reunión da cal saíron importantes acordos.

O presidente da Xunta asegurou que «Galicia e Vigo non son nin serán opostas», así destacou o ton construtivo e cordial do encontro. «Espero que sexa un punto de inflexión e dea comezo unha etapa de cordialidade. A Xunta de Galicia traballará, como sempre fixo, pola primeira cidade de Galicia»

Un dos moitos temas tratados foi desbloquear as obras das pistas de Atletismo de Balaídos que levaban tempo paralizadas, financiándoas ao 50%.

Tamén avanzaron no desbloqueo dos viais da ETEA. A través dun convenio entre Zona Franca, o Concello e a Xunta executarase un aparcamento e urbanización que permitirá acoller as edificacións previstas: a que impulsa a Universiade de Vigo dentro do Campus do Mar e a residencia Amancio Ortega.

Outra das cuestións tratadas foi a sinalización do Camiño de Santiago ao seu paso por Vigo. Neste senso, o alcalde anuncioulle que está a punto de adxudicarse a licitación dun sistema de sinalización novidoso e moderno a través de pantallas.

Pola súa parte, Caballero, na súa comparecencia pública logo do encontro, a cal valorou “francamente ben, tanto na forma como no fondo” enumerou outros temas tratados de importancia para a cidade, como a prioridade do túnel de Beiramar, o abastecemento de auga, o transporte aéreo, os fondos europeos, a recuperación do antigo cine Fraga, os centros educativos e a gran demanda de vivenda protexida. Por outra banda, á vez que o alcalde vigués formulou xerar un grupo de traballo para acordar todo aquilo que teña que ver coas obras e melloras de toda a rede viaria da Xunta de Galicia que teña que ver coa cidade, Rueda presentoulle outra proposta de grupo de traballo para reforzar mutuamente e tratar aquelas cuestións de grandes infraestruturas que partindo de Vigo conectan con outros lugares: a saída sur, Vigo-Ourense por Cercedo e o túnel ata Porriño, “tres grandes obras vitais para Vigo e para Galicia. Se imos xuntos nisto teremos máis forza”, asegurou Caballero.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS