lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsSucesosArden unha vivenda en Corgo e unha decena de contedores en Rianxo

Arden unha vivenda en Corgo e unha decena de contedores en Rianxo

As forzas da orde ocupáronse da localización e retención do suposto causante dos incendios dos colectores do lixo.

Os lumes comezaron pouco antes das dúas desta madrugada a carón do Colexio Sagrado Corazón de Ribeira e fóronse sucedendo ata a súa completa extinción pasadas as tres da madrugada deste martes. En todos os casos, a colaboración da veciñanza foi esencial, pois mediante as súas chamadas ao 112 Galicia facilitaron a posta en marcha dos operativos para sufocar os incendios e evitar a súa propagación a outros bens, como mobiliario urbano e vehículos.

Por fortuna, ningunha persoa sufriu danos, aínda que a actividade do equipo de extinción foi intensa no intervalo comprendido entre as 01.50 e as 03.10 horas. Así, os Bombeiros de Boiro deberon facer fronte aos lumes, que se producían case de forma simultánea, e que os obrigou a desdobrarse por veces.

Para os axentes de seguridade da Policía Nacional e Local non había dúbidas sobre a intencionalidade dos lumes, polo que procederon á localización e posterior retención de quen estaba a causar os diferentes incendios.

Calcinada unha vivenda no Corgo
Ademais, o 112 Galicia rexistrou, ás 23.30 horas deste luns, outro incendio, neste caso, nunha vivenda situada no concello lugués do Corgo. A alerta activouse trala chamada dun veciño, que viu saír das lapas pola xanela.

Ninguén resultou ferido como consecuencia deste lume, pero os danos foron importantes: só quedaron en pé as paredas da casa, a vivenda quedou completamente arrasada.

Ademais dos Bombeiros de Sarria, interviñeron os equipos do servizo contra incendios forestais da zona ante a necesidade de auga para combater as lapas. Tamén colaboraron medios municipais e as forzas da orde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS