domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaO Contencioso anula a licenza dos vestiarios da cidade deportiva do Celta...

O Contencioso anula a licenza dos vestiarios da cidade deportiva do Celta en Mos

O Concello de Mos mantense firme en que as obras pódense autorizar por licenza municipal e presentará recurso de apelación ao TSXG

O Concello de Mos ven de recibir a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra sobre a revisión da licenza dos campos de fútbol da Cidade Deportiva Afouteza do R.C. Celta e a anulación da licenza dos vestiarios.

Desde a administración local maniféstase que:
1º) A sentenza da xuíz baséase nunha cuestión de forma considerando que os permisos deberían ter sido concedidos dentro dun Plan Especial de Dotacións en non a través de licenza municipal.
2º) As obras non son ilegais. Son totalmente compatibles e autorizables urbanisticamente en solo rústico, ademais de estar avaladas polos técnicos municipais e contar con informes favorables da Xunta de Galicia, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea).
3º) O Concello presentará recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia para o cal dispón dun prazo de 15 días.
4º) No caso de que o TSXG ratifique a sentenza do Contencioso Administrativo, o Concello de Mos conta xa co procedente do Plan Especial de Dotacións moi avanzado, pendente tan só de dous informes sectoriais. Polo que, en todo caso, a Cidade Deportiva sempre quedará respaldada pola legalidade urbanística.

Desde o Concello de Mos enténdese que o fundamento da sentenza do Contencioso Administrativo “trátase dunha disparidade coa administración local en cuestións formais sobre cal é a canle ou a vía para autorizar as obras (licenza municipal ou Plan Especial de Dotacións), posto que non se cuestiona a legalidade das mesmas e establece que non é cuestionable que as instalacións se poidan implantar en solo rústico”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS