viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeEmpregoMáis de 1700 persoas con discapacidade, na procura da inserción laboral

Máis de 1700 persoas con discapacidade, na procura da inserción laboral

COGAMI inicia programa de emprego dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia un programa de emprego nas oficinas que ten en Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo dirixido á inserción sociolaboral de persoas que están, ou poden estar, en risco de exclusión social, como é o caso das persoas con discapacidade.

Denominado Máis Emprego, e financiado por Fundación ”la Caixa” e o Fondo Social Europeo Plus no marco de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita Contra a Pobreza 2021-2027, este programa está dirixido ao fomento da inclusión activa a través do trazado de itinerarios integrados de inserción sociolaboral. Dirixido a colectivos desfavorecidos, como é o caso das persoas con discapacidade, busca promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación, a participación activa e a mellora da empregabilidade.

Durante os cinco anos de duración, con finalización o 30 de setembro de 2029, salvo na oficina de Ferrol que ten data de remate o 31 decembro de 2027, por este programa terán que pasar 1.740 persoas con discapacidade ou incapacidade permanente total para a profesión habitual, 60 persoas por ano nas oficinas de Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra e 70 persoas ao ano na oficina de Vigo. Cando remate, o programa ten recollido como meta a acadar que o 40% de participantes debe conseguir a incorporación laboral.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS