viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeRueda anuncia unha Lei de administración ambiental simplificada

Rueda anuncia unha Lei de administración ambiental simplificada

Adaptará o marco normativo galego aos retos climáticos e reforzará a seguridade xurídica de promotores privados e administracións

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns que a Xunta impulsará a tramitación da Lei de administración ambiental simplificada de Galicia para actualizar o marco normativo autonómico vixente co dobre obxectivo de “adaptalo aos novos retos” en materia de clima e enerxía e, á vez, “reforzar a seguridade xurídica” que exixen tanto os promotores de actividades económicas suxeitas á intervención ambiental, como as administracións responsables da súa aplicación.

Para tal fin, o titular do Goberno galego informou de que o Consello autorizou á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a iniciar o procedemento de consulta pública previa, antes de proceder á elaboración do anteproxecto lexislativo, un primeiro paso que permitirá tamén coñecer a postura da cidadanía sobre a necesidade de abordar esta norma e facilitaralle unha canle de participación na súa redacción.

Tal e como indicou a conselleira titular desta área, Ángeles Vázquez, esta lei autonómica suporá na práctica «dar máis claridade e certeza aos promotores, unificar criterios e requisitos para poder obter as autorizacións ambientais». A decisión, como explicou a responsable autonómica, responde tanto á complexidade e dispersión das normas sobre avaliación e intervención ambiental que caracterizan este momento como á propia experiencia adquirida desde a aprobación no ano 1995 da Lei de protección ambiental de Galicia.

A consulta estará dispoñible na web da Consellería a partir de mañá martes e ata o mes de setembro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS