O importe das obras ascenderon a 199.466,87 € (IVE do 21% incluído que ascende a 34.618,22 €) e estiveron subvencionadas pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Provincial de obras e servizos
O Concello de Arbo, da por rematadas as obras de Urbanización do Camiño da Bouza, cun investimento de 199.466,87 euros.
As obras desenvolvéronse no Camiño da Bouza na parroquia de Arbo, no núcleo urbano do municipio, donde existía un camiño de escasa anchura, con estreitamentos e as redes de servizos existentes atopábanse en mal estado debido á súa antigüidade e coa presenza de postes da luz e teléfono ao longo de todo o vial que impedían a boa circulación dos vehículos.
Entre as actuación, realizouse o despexe e roza do terreo na zona de apertura da plataforma da rúa, o retranqueo dos muros para ampliación do vial e rematouse cunha plataforma única empregándose dous tipos de pavimento.
«Dada a ampla superficie do concello, e ao gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado» – afirma o alcalde de Arbo, Horacio Gil
Para a financiación dos traballos o Concello contou coa concesión dunha subvención no marco do Plan Provincial de obras e servizos da Deputación de Pontevedra con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra “URBANIZACIÓN CAMIÑO DA BOUZA”.
O goberno arbense, pretende seguir mellorarando a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas rúas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos.
Coas tarefas executadas non só se mellorou a circulación e o paso de vehiculos, senon que ademais renovou a imaxe do barrio.