viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeAparece o corpo dunha muller flotando no río Lameira, en Marín

Aparece o corpo dunha muller flotando no río Lameira, en Marín

Un viandante avisou a través do 112 da localización do cadáver.

Foi pouco antes das 09.00 horas deste luns desde unha zona residencial situada na rúa do Souto, en Marín. Por alí pasa o río Lameira, onde o alertante atopou o corpo aboiando.

Decontado, o xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos axentes de seguridade da Policía Nacional e Local, que enviaron senllos equipamentos ao lugar dos feitos.

Tamén se sumaron os Bombeiros do Morrazo debido á complexidade para o rescate do corpo, non tanto pola profundidade -hai apenas un metro-, senón pola dificultade de acceso.

De momento, descoñécense as circunstancias deste suceso, aínda que os axentes de seguridade comezaron o proceso de investigación pertinente co fin de recoller toda a información sobre as causas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS