lunes, noviembre 25, 2024
InicioO PaísPontevedraCondenan a un profesor a indemnizar a unha alumna con 15.000 euros...

Condenan a un profesor a indemnizar a unha alumna con 15.000 euros por agredila sexualmente

A Sala do Civil e Penal do TSXG condenou ao profesor dunha academia de Pontevedra a indemnizar a unha das súas alumnas con 15.000 euros por agredila sexualmente de forma continuada

A Sala acordou engadir á pena de dous anos de cárcere imposta pola Audiencia Provincial de Pontevedra esa indemnización a favor da vítima, motivada “pola repulsa social do delito castigado e a transcendencia do ilícito na vida da prexudicada”.

O alto tribunal galego confirmou a sentenza da sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra que condenou ao acusado a dous anos de cárcere por cometer un delito continuado de agresión sexual sobre unha das súas alumnas, menor de idade. O procesado, segundo a resolución, enviaba mensaxes de WhatsApp de contido sexual á vítima, facíalle agasallos e convidábaa a cear.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS