sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasMos prepárase para acoller a III Edición do Festival Saúde Natural

Mos prepárase para acoller a III Edición do Festival Saúde Natural

A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, xunto á concelleira de Participación Cidadá Julia Loureiro e os organizadores presentaron este multitudinario evento que terá lugar os próximos 29 e 30 de Xuño no pabillón Óscar Pereiro

O Festival da Saúde Natural é un evento anual que celebra e promove enfoques integrais para a Saúde, o benestar e a vitalidade. Durante a celebración do festival, as persoas participantes reúnese para explorar unha amplísima gama de prácticas e técnicas naturais que abarcan dende a naturopatía, reflexología, acupuntura, masaxe ata a nutrición consciente.


Dende clases de ioga e pilates ao aire libre, ata obradoiros de meditación guiada, obradoiros para nenos e nenas, obradoiro de alimentación crudivegana e moito máis, o festival ofrece unha experiencia única que inspira ás persoas a tomar o control da súa Saúde de forma integral.


Ademais das actividades prácticas, o festival conta tamén con poñencias de expertos en Saúde e Benestar, como médicos, biólogos, matronas naturópatas, etc.

O público asistente terá a oportunidade de aprender e compartir coñecementos sobre como levar unha vida máis saudable, e equilibrada de forma natural. Tamén participarán nesta terceira edición 5 autores que firmarán exemplares dos seus libros unha vez finalizada cada unha das súas charlas.


A organización trata de ofrecer un ambiente vibrante e acolledor, neste festival que con tan soamente dúas edición nas súas costas, tense convertido nun punto de encontro clave para aquelas persoas que buscan explorar e celebrar os beneficios dun enfoque integral cara o coidado do seu corpo e mente.


Con entrada gratuíta e un total de 43 Stands, o festival ofrecerá unha programación pensada para todas as idades, con música en directo, comida e inchables para os máis pequenos.


A continuación, deixámosvos toda a información sobre as charlas e obradoiros:
CHARLAS:
SÁBADO 29
11:00h- Acto de apertura
11:45h – Sara Hermelo – Que é e para qué sirve a comunicación animal
12:30h – Yolanda García– Intestino como mestre
17:00h – Eva López — Como transformarte sanando os teus ancestros
17:45h – Alejandra Cabaleiro – Que é, para que serve e que vemos nunha constelación familiar
18:30h – Rubén Rodríguez – O Sistema Primario da Saúde no Deseño Humano
19:15h – Carmen Romanelli — Máis alá das creenzas. Como se adapta o cerebro á liberdade de conciencia

DOMINGO 30
11:00h – Daniel Sotelo — Introdución á ayurveda e masaxe ayurvédico
11:45h – Dr. Olalla Otero — O revolucionario mundo dos probióticos
12:30h – Dr. Juan Nuñez — Ayuno intermitente: volver a vivir
17:00h – Joaquín Viña – Nutrición Celular STT
17:45h – Sonia Lorenzo — Xestión do estrés con aceites esenciais
18:30h – Noelia Conde — O vínculo invisible entre a enfermidade e as emocións
19:15h – María Carmen Pérea — Regreso á orixe a través da auga

OBRADOIROS:
SÁBADO 29
11:15H – Obradoiro para nenos: Sintonizando co noso ser
11:30h – Obradoiro: Primeira menstruación, coñecendo o ciclo menstrual
11:30h – Obradoiro de Pilates con Alma Mudra
12:15h – Obradoiro para nenos: Sintonizando co noso ser
16:00h – Obradoiro para pais e fillos: Conexión cos fillos
16:30H – Obradoiro do Botiquín da Naturopatía
17:00H – Obradoiro para pais e fillos: Conexión cos fillos
18:00H – TATARINA – Conta contos
19:00H – Obradoiro de Ioga con Alma Mudra
20:00H – Obradoiro de meditación con instrumentos chamánicos

DOMINGO 30
11:15H – Obradoiro para nenos: Sintonizando co noso ser
11:30H – Obradoiro básico á iniciación á Radiestesia
12:00H – Obradoiro práctico de alimentación viva
12:15H – Obradoiro para nenos: Sintonizando co noso ser
16:00H – Obradoiro para pais e fillos: Conexión cos fillos
17:00H – Obradoiro de Remodelación Cerebral a través do Movemento
18:00H – Obradoiro para pais e fillos: Conexión cos fillos
20:00h – Obradoiro: Viaxe de son con hand pan

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS