sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño reúne á súa mesa local contra a violencia de xénero

O Porriño reúne á súa mesa local contra a violencia de xénero

A coordinación entre profesionais e os distintos recursos que toman parte no proceso de intervención con vítimas de violencia centrou a xuntanza de traballo

A Mesa local contra a violencia de xénero do Porriño, na que se atopan representados todas os axentes que actúan no municipio, reuníuse hoxe para abordar de maneira conxunta diversos temas relacionados coa atención ás vítimas e a prevención da violencia machista.


A mesa, estivo presidida polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e integrada por representantes municipais das áreas de Igualdade e Servizos Sociais, Centro de Información á muller do Porriño, do Centro de Saúde, centros educativos, e os concelleiros de Seguridade Cidadá e Igualdade, Abel Estévez e Carolina González, respectivamente.


Tamén estivo presente unha representación dos corpos e forzas de seguridade coa Policía Local do Porriño representada polo Inspector Principal Xefe, Daniel Rodríguez, o oficial, Antonio Pereira, e a axente adscrita ao sistema Vioxén, Tania González. Por parte da Garda Civil asistiron o Capitán da Comandancia de Vigo, Rafael Antonio Pereira, o Tenente Comandante do Posto do Porriño, Xoel Blas, o Cabo Primeiro Xefe do Equipo VIOGEN CIA, Damián Vilas, e Irene García, representante da EMUME.


A coordinación entre profesionais e dos distintos recursos que toman parte no proceso de intervención con vítimas de violencia centrou a mesa de traballo, así como a análise pormenorizada da incidencia para detectar aqueles elementos que poidan provocar disfuncións e evaluouse a efectividade das intervencións. Neste sentido, revisaronse as últimas cifras de denuncias, ordes de protección de vítimas e afastamento de agresores.


Todos coincidiron en que a loita contra a violencia machista e a súa erradicación pasa tamén pola optimización da prevención e a detección precoz, por facer un bo seguimento dos casos de alto risco e pola posta en marcha de estratexias de sensibilización a toda a poboación e tamén a sectores concretos.

“Esta mesa é un instrumento de coordinación que nos permite adaptar os procedementos ás necesidades das vítimas e á realidade do Porriño”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, lembrando que “a loita contra a violencia machista é unha loita de todas e todos e non se poden escatimar esforzos”. O rexedor quixo agradecer a todos os implicados, persoal técnico, persoal sanitario, educadores, Policía Local e Garda Civil o seu “esforzo e compromiso”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS