jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasParadantaO Balonmán Cañiza ascende á Divisón de Honra Prata Femenina

O Balonmán Cañiza ascende á Divisón de Honra Prata Femenina

Xuntas son máis fortes e o Club Balonmán Cañiza ascende cun marcador de 24-23 contra o Unión Financiera de Oviedo.

O lema desta fase de ascenso á Divión de Honra Prata Femenina é «xuntas somos máis fortes» e así o demostraron as do Club Balonmán Cañiza este sábado no partido contra o Unión Financiera de Oviedo ao impoñerse cun marcador 24-23. O último gol de Sara Carril.

O ascenso, que se xogaba no Polvorín, decidíase neste encontro logo de que empataran o Fuentes Carrionas e o Puerto del Carmen a 34 goles cadanseu. Así que, as da Cañiza non perderon a ocasión de proclamarse vencedoras un día antes de que terminara a fase e facer historia.

Minutos antes do partido, a xogadora María Montero, en declaracións para Si Radio, explicaba que era unha oportunidade «para demostrar todo o tempo que levamos loitando amáis de que o pobo da Cañiza se sinta orgulloso».

Xa no 2020 proclamaranse campioas na Primeira Autonómica Femenina sen derrotas mais, por mor da pandemia da COVID-19, non ascenderon de categoría. Agora, as da Cañiza xa son de División de Honra Prata Femenina.

Nos días previos a esta fase de ascenso os veciños e as veciñas da Cañiza volcáronse co Balonmán Cañiza e adornaron os negocios da vila con bufandas das cores do club co lema «xuntas son máis fortes».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS