viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsEmpresaO apoio da iniciativa empresarial dende a Administración garante riqueza e emprego...

O apoio da iniciativa empresarial dende a Administración garante riqueza e emprego na comunidade

Así o sostivo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a participación na gala dos Premios Empresa do Ano

Rueda destacou o traballo dos emprendedores e empresarios galegos, que co seu labor contribúen ao crecemento económico de Galicia, e a necesidade de que este sexa recoñecido desde a administración pública e proporcionar un apoio ao sector produtivo apostando pola innovación e a estabilidade sociopolítica.

Os Premios Empresa do Ano, organizados por Prensa Ibérica e patrocinados polo Banco Sabadell, poñen en valor o traballo de 8 empresarios galegos de diferentes ámbitos aos que se lles premia en diferentes categorías. Así, os galardóns deste ano foron para Hijos de Rivera, que acadou o recoñecemento de Empresa do ano; Francisco Puga, de Delta Vigo, que recibiu o premio de Empresario do ano; Adolfo Domínguez, mellor Empresa familiar; o Grupo Aluman, galardoado na categoría de Empresa internacional; e o Grupo Davila, que recibiu o premio da categoría Empresa loxística. Ademais, Magallanes Renovables foi recoñecida como Empresa sostible; Beta Implant como Empresa innovadora; e UARX Space foi premiada como mellor Start-Up

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS