As locais impuxéronse cun marcador de 37 a 17.
Victoria do Club Balonman Cañiza na primeira xornada da fase de ascenso á División de Honra Prata feminina. As locais foron superiores ao equipo contrario, Puerto del Carmen de Lanzarote, ao superarlle en máis do dobre cun resultado de 37 a 17.
O seguinte encontro do Club Balonman A Cañiza para conseguir o ascenso é este sábado ás 20:00 horas contra o Unión Financiera de Oviedo no Polvorín.
Podes escoitar as declaracións da xogadora Carla Abad, aquí:
E ao adestrador, Emilio Bargiela: