sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasA Rosa gastronómica chega da man de A Festa BaRes Mos

A Rosa gastronómica chega da man de A Festa BaRes Mos

A Asociación de Hostaleiros mosense organiza por terceiro ano consecutivo, o vindeiro sábado 22 de xuño, unha iniciativa pioneira que aúna gastronomía e cultura, apoiada por Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Mos

A Festa da Rosa trae esta fin de semana ao Pazo de Mos a III Xuntanza Gastronómica organizada pola Asociación de Hostaleiros BaRes Mos. Trátase dun ambicioso evento
gastronómico, musical e cultural programado polos hostaleiros mosenses que contará con 10 postos de comida e bebida e cun mercado de artesanía. Evento que conta co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Mos.


A Festa BaRes Mos, que así se denomina este evento gastronómico dará comezo ás 12.00
horas do sábado 22 de xuño, e que contará con todo tipo de actividades de entretemento que acompañarán ao bo xantar. Entre elas, atópanse iniciativas para a cativada, así como propostas para as persoas adultas.


Os máis pequenos contarán con Festa da Auga, xogos tradicionais, contacontos, xoguetes de madeira e taller de chapas… etc. E para os maiores haberá un Show Cooking de Thermomix, mercado de artesanía, música, etc.


Como se dixo, desde as 12h comezará A Festa BaRes Mos e farao coa función de teatro ‘De
Vilatriste a Vilalegre’, seguida ás 13h do concerto de Algarabía Folk, e xa pola tarde, ás 17h haberá animación infantil co Mago Marco.


Na recta final da xornada chegarán as actuacións de The Curmudgeon ás 13.30 horas, O Son das Tabernas ás 20.45 horas e Tonhito de Poi ás 22.30 horas.


A ampla e variada oferta gastronómica do día chegará de man dos hostaleiros mosenses, cun total de 10 stands, para degustar pratos de todo tipo a prezos populares, que van desde os 3 ata os 14 euros.


Así os 10 stands nos que degustar a mellor gastronomía mosense serán:

RESTAURANTE QUINTA DA RIVAS – TAPERÍA LANO – TAPERÍA A BAXIÑA – CAFETERÍA BOB DYLAN – BOCATERÍA O ANGAR RESTAURANTE EDAN – BAR CASA VEIGA – BAR ENCONTROS – HAMBURGUESERÍA CARLETTO – RESTAURANTE FLORIANO.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS