viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño celebará a noite de San Xoán con 16 fogueiras

O Porriño celebará a noite de San Xoán con 16 fogueiras

A veciñanza prepárase para a noite máis máxica do ano comprometéndose coa seguridade

O Concello de Porriño ten autorizadas 16 fogueiras para festexar a noite de San Xoán, o vindeiro domingo 23 de xuño. Unhas celebracións cheas de tradición e, tamén, de seguridade, para garantir unha velada coas menos incidencias posibles.


Os porriñeses e as porriñesas poderán dar a benvida ao solsticio de verán en calquera das 10 fogueiras organizadas por: a Asociación Cultural Pontellas, Asociación Comisión de Festas da Costeira de Mosende, Asociación San Juan de Chenlo, Asociación Veciños de Cans, Asociación Cultural As Mimosas de Carracido, Asociación Cultural A Forna de Budiño, Asociación de Festas San Benito Albarín e Asociación Cultural Os Penediños de Atios, e Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián no centro urbano do Porriño.


A estas fogueiras das asociacións súmanse outras seis de particulares cos permisos en orde por parte do Concello.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, invita a toda a veciñanza “a participar nesta festa de benvida ao verán, con ledicia e sentidiño, para disfrutar nesa noite e nos días posteriores. Desde o Concello estamos traballando para previr riscos e actuar en caso dalgunha incidencia, pero está na man de todos que a celebración sexa, como sempre, divertida e segura”.


Medidas de seguridade para as fogueiras de San Xoán
É imprescindible que as fogueiras se fagan en lugares despexados, libres de arboreda ou cableado eléctrico ou telefónico, cun mínimo de 15 metros de distancia coas edificacións ou as árbores. A zona de combustión non poderá exceder os 4 metros de diámetro e os 2 metros de altura. Os e as participantes non poderán achegarse á zona de combustión, tendo que respectar unha distancia mínima co perímetro da fogueira equivalente ao diámetro da mesma.


O material utilizado para a queima deberá ser leña, polas, toros de árbores ou vellos materiais de madeira. E queda totalmente prohibido a combustión de plásticos, neumáticos, aceites, espumas de poliuretano ou calquera outra substancia que desprenda fume tóxico ao arder, ou sexa inflamable ou conteña gas a presión, como sprays, aínda que o bote esté baleiro.


Os solicitantes dos permisos serán os responsables da fogueira ata a súa extinción con auga, e non a poderán deixar desatendida en ningún momento, para evitar riscos.


O concelleiro de Seguridade, Abel Estévez, recorda certas medidas de seguridade básicas para garantir unha noite coas menos incidencias posibles e na que “varias concellerías están implicadas, xa que, non soamente os servicios de seguridade, como a Policía Local ou Protección Civil, estarán coidando á veciñanza. Os traballos previos de desbroces, a colocación de contenedores, WC portátiles, iluminación para esa noite, ou os servizos extra de limpeza, son algúns exemplos da preparación, a celebración e os servizos posteriores que conlevan a noite de San Xoán”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS