viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeCentros de FP dan resposta a unha decena de retos empresariais

Centros de FP dan resposta a unha decena de retos empresariais

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, preside a entrega de galardóns da primeira edición do certame InnovaTech FP

Os centros integrados de FP Valentín Paz Andrade, Imaxe e Son, Ferrolterra, Portovello e Politécnico de Lugo, así como os institutos Politécnico de Vigo, A Sardiñeira, Perdouro e A Pinguela proclámanse vencedores dos retos da primeira edición de Innovatech FP. Os participantes tiveron que afrontar a solución de 10 retos tecnolóxicos presentados por distintas empresas referentes da nosa comunidade.
“As propostas premiadas neste acto son pioneiras e un exemplo do gran potencial que atesoura a nosa FP para contribuír a dar un salto de calidade tecnolóxico e innovador ao tecido produtivo galego”, destacou Román Rodríguez durante o acto de entrega de premios.

Os centros con iniciativas premiadas, dotadas cada unha con 10.000 euros para o desenvolvemento do proxecto, son os que se reflicten na táboa. Entre os 10 centros premiados, seleccionouse a maiores ao CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo en resposta ao reto plantexado por Viaqua, como premio especial.

EmpresaRetoCentro gañador
ViaquaDeseño dun sistema de autolimpeza para reixas de fosas sépticas de zonas ruraisCIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)
Pérez RumbaoDesenvolvemento de robots para o reparto de recambios en talleres de automociónIES Politécnico de Vigo (Vigo)
DiesemmSolución dixital para a optimización de experiencias en eventos deportivosCIFP Imaxe e Son (A Coruña)
FinsaCreación dun sistema de control de crecemento de especies forestais que permita a monitorización das condicións ambientaisCIFP Ferrolterra (Ferrol)
Aceites AbrilSistema de medición rápida de graxas en pastas de refinadoIES A Sardiñeira (A Coruña)
L’OrealSolucións para a transformación de envases plásticos de produtos cosméticos en produtos duradeiros para salóns de peiteadoIES Perdouro (Burela)
elPulpoCreación dunha colección téxtil recicladaIES A Pinguela (Monforte)
Roberto VerinoDeseño dun sistema de análise para unha empresa téxtil que axude a optimizar propostas de colección e a medir a satisfacción do clienteCIFP Portovello (Ourense)
Fundación San RosendoDesenvolvemento dun sistema tecnolóxico para o coidado activo e preventivo de persoas maioresCIFP Politécnico de Lugo (Lugo)
NaturgyDeseño de ferramentas para a detección de perdas de enerxía eléctrica para contribuír á súa reduciónCIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS