viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA Atención Primaria é a porta de acceso da cidadanía ao sistema...

A Atención Primaria é a porta de acceso da cidadanía ao sistema sanitario público

Así o sostén o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que segue a coñecer de primeira man o valioso traballo que realizan os profesionais de atención primaria

«Do seu bo funcionamento», dixo Gómez Caamaño, «depende, en gran medida, a calidade da asistencia sanitaria que se lle ofrece ás galegas e aos galegos, de aí a obriga da Consellería de Sanidade por conceder o espazo prioritario que se merece este primeiro nivel asistencial». Así, considera primordial facer máis atractivo o traballo nos centros de saúde e, a tal efecto, a Consellería traballa nun plan para desburocratizar a atención primaria para reducir ao mínimo ese 30% do labor non sanitario que se realiza na actualidade.

O conselleiro de Sanidade facía estas declaracións nunha visita este martes a Noia, onde avanzou que a Xunta licitará este verán a redacción do proxecto do novo centro de saúde da localidade, que suporá un investimento de preto de 10 millóns de euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS