viernes, noviembre 22, 2024
InicioPenínsula e mundoEuropaUnha delegación do PPdeG visita o Parlamento Europeo para abordar cuestións prioritarias...

Unha delegación do PPdeG visita o Parlamento Europeo para abordar cuestións prioritarias para os concellos galegos

A viaxe de traballo, encabezada pola secretaria xeral, estará protagonizada polas alcaldesas do PPdeG despois de que en todos os concellos cunha rexedora popular, o partido fora a primeira forza nos catro procesos electorais do último ano cunha media de apoio superior ao 57%

Unha delegación do Partido Popular de Galicia, encabezada pola secretaria xeral Paula Prado e alcaldesas do partido nos concellos galegos, así como outras representantes municipais, realizan a partir deste martes unha visita á sede do Parlamento Europeo en Bruxelas acompañadas polos eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez.

Unha viaxe de traballo de carácter municipalista que coincide co primeiro aniversario da toma de posesión das 28 alcaldesas do PPdeG –o partido con máis rexedoras de Galicia– e na que os populares galegos se marcan como obxectivo trasladar a Europa as prioridades da nosa Comunidade e especialmente dos concellos.

Paula Prado:

Entre o mércores e o xoves, a delegación do PPdeG terá unha axenda de visitas e reunións na que destacan un encontro coa presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e outro co administrador do Comité de Fondos Rexionais do Parlamento Europeo, Gustavo López Cutillas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS