sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeFrases con orgullo... e con premio en Mos

Frases con orgullo… e con premio en Mos

Por quinto ano consecutivo o Concello organiza un concurso de frases reivindicativas e empoderadoras con motivo do Día do Orgullo LGBTQIA+

O Concello de Mos convoca un novo concurso de frases co motivo do día do Orgullo LGBTQIA+ organizado dende as Concellerías de Igualdade e Xuventude, e como se leva facendo dende fai 5 anos.


Tal e como explicaba hoxe o concelleiro de Igualdade, Leo Costas, “queremos seguir mobilizándonos a favor dos dereitos LGBTQIA+ e facer partícipe a nosa poboación”. “O día do Orgullo LGBTQIA+ é o venres 28 de xuño e dende o Concello queremos darlle a visibilidade a través dun concurso, no que a poboación poida participar creando unha frase que englobe neste día a diversidade sexual e de xénero”, explicaron os edís Costas e Julia Loureiro, concelleira de Xuventude.


A frase gañadora será o slogan de este ano e estará exposta dende o día 24 de xuño ao 4 de xullo na pantalla da Rotonda das Angustias. Durante toda esta semana e ata o venres 21 de xuño poderán participar todas aquelas persoas maiores de 12 anos que o desexen.

As persoas participantes poderán enviar un máximo de dúas frases, no mesmo correo electrónico, no que farán constar o nome completo, o número de DNI, idade o un número de telefono. As persoas menores de 18 anos deberán adxuntar ademais, autorización das persoas titoras. Só se admitirá un correo electrónico por persoa participante.


REQUISITOS DAS FRASES
As frases que se presenten a concurso deberán constar dun máximo de 30 caracteres incluíndo os espazos, contabilizándose como 1 carácter cada espazo. Ningunha frase poderá superar esta lonxitude. As frases deberán conter unha mensaxe que reivindique os dereitos ou emponderen ás persoas LGBTQIA+, e coherencia entre o significado da frase coa significación do día que se conmemora.


O envío será a través dun correo electrónico ao enderezo omix@concellomos.es coa frase conmemorativa que presente ao concurso, (dúas por persoa) como máximo. No correo electrónico deberá constar o nome, idade, dirección e teléfono de contacto, da persoa participante.


O criterio de valoración que se terá en conta a hora de ditaminar o fallo do concurso, é que deberá ter coherencia entre; significado da frase coa significación do día que se conmemora, buscando un slogan idóneo, e que non precise explicación.


O xurado estará composto polo concelleiro de Igualdade, en calidade de Presidente, a Directora do CIM, a Psicóloga do departamento de Servizos Sociais e a técnica do Departamento de Xuventude e Participación, que actuará tamén como secretaria.


O premio para a frase gañadora será un libro electrónico valorado en máis de 150 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS