viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeO XIV Open de Tenis Vila do Corpus chega ao Concello de...

O XIV Open de Tenis Vila do Corpus chega ao Concello de Ponteareas

170 deportistas de toda España e norte de Portugal exhibirán técnica e destreza nas pistas da Freixa

O Concello de Ponteareas acolle o XIV Open de Tenis Vila do Corpus Memorial Octavio. As pistas de tenis de A Freixa serán escenario de grandes encontros deportivos e da destreza e técnica das e dos case 170 deportistas inscritos que participan neste open considerado un dos mellores de España en canto a número de inscricición e relevancia das e dos participantes.

Do día 20 ao 30 de xuño haberá competicións nas categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluto masculino. Organizado polo Club Tenis Ponteareas en colaboración co Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra e Deporte Galego da Xunta de Galicia esta cita deportiva repartirá trofeos e mil euros de premios en metálico entre os e as campioas e finalistas e recibirá, entre outros, a dous tenistas que estudan e adestran becados en EEUU.

A alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Deportes, Luis Rodríguez, agradecen o traballo da organización e recoñecen o éxito deste evento que consigue consolidarse na axenda das e dos tenistas de toda España e norte de Portugal ao longo dos anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS