miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsO PaísO Son do Camiño-Perseidas traerá 18 artistas ao Monte do Gozo

O Son do Camiño-Perseidas traerá 18 artistas ao Monte do Gozo

O festival O Son do Camiño terá que agardar ao 2022 pero entre o 14 de xullo e o 8 de agosto un total de 18 artistas e bandas tocarán no ciclo de concertos O Son do Camiño-Perseidas no Monte do Gozo. Entre eles Ara Malikian, Vetusta Morla, Carmilo, Estopa, Raphael ou Melendi.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez:

Presentouse esta mañá e as entradas sairán á venda o 11 de xuño.O prezo dependerá da proximidade ao escenario.

O aforo será dun máximo de 5.000 persoas, divididas en grupos burbulla de 1.000.

 

Programa:

  • 14 de xullo: Rozalén e Guadi Galego.
  • 15 de xullo: Camilo e Pablo Lesuit.
  • 16 de xullo: Andrés Suárez, Xoel López e Sabela.
  • 17 de xullo: Vetusta Morla e Furious Monkey House.
  • 22 de xullo: Ara Malikian.
  • 24 de xullo: Beret e David Rees.
  • 29 de xullo: Estopa.
  • 30 de xullo: Izal e Maren.
  • 1 de agosto: Raphael.
  • 7 de agosto: Loquillo.
  • 8 de agosto: Melendi.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentaron o ciclo nun acto que se desenvolveu no Monte do Gozo.

O evento estará adaptado «ás circunstancias da pandemia». Cumprirá  todas as medidas de prevención necesarias para garantir a seguridade e «volverá situar Galicia como referente musical».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS