viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA RaiaPulo á cooperacíon cultural da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Pulo á cooperacíon cultural da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O Consello da Xunta dá conta da terceira edición do proxecto Nortear que aumentará as súas accións grazas a unha achega de case 250.000 euros, fronte aos 63.000 da pasada convocatoria

A Xunta de Galicia reforzará a cooperación cultural da eurorrexión Galicia-Norte de
Portugal cun incremento de máis de 200.000 euros na terceira edición do proxecto de intercambio cultural Nortear.
Así se informou no último Consello da Xunta no que se deu conta de que o Goberno
galego multiplicara case por catro a achega nesta iniciativa, que pasa dunha partida de
63.050 euros para os anos 2020-2022 a unha de 244.200 euros nesta nova convocatoria
que abrangue ata 2026.

Entre as novidades está a oferta de intercambios entre bibliotecas, estadías formativas ou a renovación dos ‘Roteiros literarios virtuais’. O incremento desta oferta procura un impacto positivo tanto nos habitantes de ambos os dous territorios como nos visitantes a estas zonas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS