Alfonso Rueda anunciou que vaise reformar o uso de intelixencia artificial no Servizo Público de Emprego para “poder facer o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas nun ano” e mellorar as súas oportunidades e inserción laboral. O obxectivo é casar oferta con demanda no ámbito laboral para poder cubrir “os 15.000 postos de traballo que hai vacantes en Galicia”. O presidente lembrou que a Xunta está a levar a cabo “a implantación progresiva de ferramentas con intelixencia artificial para mellorar os servizos públicos”.
A medida aprobada no último Consello da Xunta enmárcarse na modernización que se está levando a cabo do Servizo Público de Emprego e permite incorporar datos de calidade á ferramenta software EMi, dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia para casar oferta e demanda laboral en tempo real mediante intelixencia artificial. “Somos a primeira comunidade en contar cunha ferramenta” deste tipo, engadiu o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.