A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no eido artístico, literario, deportivo, económico ou intelectual. “A gala de entrega celebrarase o vindeiro 28 de xuño, como todos os anos, coincidindo co aniversario da aprobación do plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e do regreso a Galicia dos restos mortais de Castelao”, explicou o presidente. Rueda salientou que «xunto coas Medallas Galicia, son un dos recoñecementos máis importantes que outorga a comunidade”.
Leilía, Borja Golán, Amancio López Seijas, Maite Isla e Asomega, Medallas Castelao 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou, trala súa aprobación no Consello, o nome das cinco persoas galardoadas coas Medallas Castelao 2024