viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidade12,5 millóns para reforzar a cobertura sanitaria no verán

12,5 millóns para reforzar a cobertura sanitaria no verán

A Xunta aproba o Plan de cobertura de necesidades de persoal médico en atención primaria no verán

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno autonónimo destinará “máis de 12,5 millóns de euros” para garantir a asistencia sanitaria no verán. Este investimento dirixirase “a contratar médicos para substituír aos que están de vacacións, contratar a facultativos adicionais e reforzar os centros das zonas con maior afluencia nesta época do ano”. Rueda resaltou que, ademais das medidas ordinarias, inclúe catro iniciativas de carácter extraordinario “para garantir a máxima calidade na atención sanitaria” durante o periodo estival.

Este plan aprobado polo Goberno galego engádese a outras medidas adoptadas pola Xunta para dar maior estabilidade aos profesionais sanitarios e garantir a asistencia sanitaria. Entre elas, está a implantación do nomeamento de continuidade para médico de familia, pediatra de atención primaria e enfermeiro con 154 contratos en vigor e o o acordo de melloras retributivas e outras condicións de traballo, que supón importantes incrementos así como dotación de prazas.

Críticas do BNG

Sobre este tema pronunciouse o BNG, que considera “ocorrencias” as medidas aprobadas polo Goberno de Rueda para garantir a atención sanitaria no verán. A portavoz de Sanidade, Montse Prado, critica que o Executivo do PP agarde a mediados de xuño para lanzar medidas que só suporán que os profesionais traballen máis.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS