viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasReúnese a Mesa Local de Saúde no Porriño para promover un estilo...

Reúnese a Mesa Local de Saúde no Porriño para promover un estilo de vida saudable

Os axentes sociais e colectivos implicados participaron activamente e propuxeron ideas que o Concello terá en conta para novos proxectos

Esta mañá tivo lugar no Porriño unha mesa local de saúde á que estaban convocados todas as entidades e colectivos implicados do Concello, coa finalidade de detectar as principais necesidades en materia de saúde pública e promover un estilo de vida saúdable entre a poboación. Esta Mesa pretende poñer o foco sobre os recursos dos que se dispoñen nos diferentes servicios existentes e unha posta en común das ideas e suxestións dos diferentes axentes sociais na procura dun Porriño que potencie hábitos e comportamentos o mais saúdables posibles.


Na mesa, presidida polo alcalde, Alejandro Lorenzo, participaron representantes de diversos centros educativos do municipio e entidades sociais, unha representación do Centro de Saúde e dos distintos departamentos do Concello, todo isto co fin de abordar de maneira transversal unha cuestión de vital importancia para todas e todos.


A conselleira de Sanidade, Teresa Veloso, considera que “todo o que se poida aportar á hora de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas merece ser tido en conta. As diversas ideas que xurdiron ao longo desta Mesa servirán para implementar novos proxectos”.


Pola súa banda, o rexedor destacou que “a atención á saúde emocional, especialmente da mocidade e da infancia, a promoción de hábitos saudables e a atención das persoas maiores seguen sendo os eixos centrais da nosa estratexia local de promoción da saúde e traballaremos nesa liña”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS