O obxectivo: comunidades nas que todas as persoas poidan ter unha boa vida
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Participación Cidadá, Educación e e Emprego, Julia Loureiro, participaron esta mañá no encontro de AIREA ALIADOS das Escravas da Virxe Dolorosa e a Asociación AMIPA celebrado no Centro Cultural de Guizán. Acompañounas tamén o alcalde de Arbo, Horacio Gil e por suposto o director de EVD, Leví Olivares.
EVD Galicia e a Asociación AMIPA traballan na creación de comunidades máis inclusivas e co-organizan AIREA. O encontro de hoxe de AIREA ALIADOS, organizouse coa idea de crear vidas ben vividas na nosa contorna.
Contou coa presenza e intervención de dous especialistas recoñecidos a nivel europeo e internacional, Ester Ortega, promotora de AIREA, da Fundación Aprocor de Madrid, e Erwin Wieringa, especialista holandés en comunidades inclusivas.
AIREA ALIADOS é un proxecto baseado na ilusión por cultivar unha terra, para plantar inclusión e posibilidades de boas vidas para todas as persoas, co-creando xuntas outros modos posibles de vivir en comunidade no rural.
Neste encontro no centro cultural de GUIZÁN congregáronse hoxe persoas moi diversas: persoas con discapacidade intelectual, familias, profesionais do terceiro sector, pequenas e grandes empresas, universidades, artistas, activistas, administracións públicas …e veciños e veciñas. Unidad para pensar como mellorar os vínculos de maneira que todos os seres poidan ter unha boa vida.
Ao longo deste últimos dez anos, estes encontros estrutúranse entorno á metodoloxía do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts para dar respostas xenerativas aos desafíos actuais.
Recentemente a Fundación ha Aprocor realizou o AIREA Global en Madrid reunindo a persoas de 12 países e catro continentes.
A iniciativa está dentro da Cooperativa Mundial de cidadanía «Citizen Network».